As pezas
A idea elixida consiste en que todas as pezas son iguais, simplemente peóns. A única diferenza entre elas é o que se lles coloca na cabeza, o que determina o rol que desempeñan no xogo.
Do mesmo xeito, o material da forma base é o mesmo para ambos os xogadores, unha vez máis, con ánimo de representar que a confrontación entre ambas partes adoita ser unha cuestión ideolóxica.
O taboleiro
Dado que o xogo consiste nunha continxencia, queriamos plasmar no taboleiro un campo de batalla.
Por este motivo, decidimos utilizar pedra natural, en bruto, sen puír. Isto confírelle un carácter máis rudo, un firme irregular, un solo para o combate.
Xa está dispoñible. Se tes interese en conseguir o teu, contacta connosco!
Contactar