O reto
Para este proxecto requeríase un acceso ao faiado dunha vivenda, de maneira que permita aproveitar un gran espazo de maneira cómoda e eficaz.
Dadas as características do lugar, un oco dunhas escaleiras xa existentes, e con unha única ventá que proporciona luz natural, o interese residía en conservar a iluminación e a coherencia visual co resto dos elementos
O resultado
Para evitar o exceso de sombra, decidimos facela lixeiramente estreita. Deseñamos unhas pezas específicas para soportar cada chanzo, que apenas obstaculizan a luz e a fan visualmente máis lixeira. A estrutura está realizada con dúas vigas IPN para soportar toda a carga que necesiten soportar, e os chanzos máis a baranda fabricados con madeira de carballo, creando armonía co entorno e proporcionando calidez.
Con isto, conseguimos que o que era unha gran parede branca e sen significado, quede vestida con unhas formas e cores que agradan coa súa presencia.