Por qué fixen isto?
Como ben se sabe, os deseñadores, artistas, e demais fauna creativa, gústanos utilizar diferentes armas de debuxo porque teñen distintas durezas, diferentes grosores, cores e atributos que nos proporcionan versatilidade para a nosa labor. No meu caso, gústame utilizar os lápis de varias durezas e telos todos ben gardadiños e non metelos todos directamente no mesmo estoxo.
Así que fixen esta sinxela caixa que me permite telos ben colocados, sen que se mesturen ao levalos na mochila, e quedan ben expostos ao mostralos sobre a mesa cando estou traballando.
Queres un?
Podemos enviarche un igual, ou fabricalo especificamente para os teus utensilios, sexan tres bolígrafos coa pinza para a lapela ou setecentoscincuentaetres rotuladores de gradiente de cores
Total, ao final sempre utilizo o mesmo...