← Volver ao portfolio

Forxa - Forge - Forja

Lume e aceiro. Forza e xeito.

Caracola forxada
Navalla cerrada 1 Navalla cerrada 2
Navalla aberta 1

Navallas

Comecei a facer navallas porque sempre tiven un especial interese por elas. Nunha época tiven idea de inclinarme ao coleccionismo, pero nunca me impliquei a fondo. Pero cando comecei a traballar o aceiro sabía que acabaría fabricando algunha.

E que teñen?

O modelo de navallas que fabrico seguramente non sexa invención propia, mais o desenvolvemento da forma, o resorte e a construción descurrina polos meus medios propios.

Gústame que o fío quede máis abaixo ca o mango, para que estea ben definido o límite de afiado. Tamén ten un resorte que bloquea a navalla para que non se cerre nin abra inesperadamente.

O mango adoito facelo con madeira de castiñeiro porque me gusta ese ton escuro, anque pode adaptarse ás necesidades do cliente.

Navalla aberta 2
Navalla aberta 2 Navalla cerrada 4

Coitelos

Antes ca navallas, comecei forxando coitelos.

Coitelo rabo de esquío
Coitelo 1 Coitelo 2
Coitelo 3

Pero poido forxar moitas máis cousas. Demóstrocho cando queiras!