Nerea Domínguez Vázquez
Apaixonada polo deseño, curiosa e con moitas ganas de aprender do mundo que me rodea, formeime como deseñadora de produto e continuei formándome como deseñadora de interiores.
Unha cativa que pasaba tardes enteiras creando diferentes mundos nos Sims e que a día de hoxe lle encanta facer o mesmo para persoas reais.
Ángel García Costoya
Dende neno interesado polo traballo manual e a curiosidade polos aspectos técnicos do que me rodea.
Formado en electricidade e electrónica, e posteriormente cursado o Grao en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, para máis tarde realizar o Mestrado Universitario en Sistemas Aéreos Non Tripulados, posúo sólidos coñecementos en deseño complementados con sistemas tecnolóxicos.
En esencia, somos dous amigos, da Galicia Profunda, con arraigo ás nosas raíces, e respectuosos coa contorna.
Os nosos camiños atopáronse durante a nosa formación en Deseño Industrial, e máis tarde complementáronse con estudios técnicos por unha parte e de interiorismo por outra.
A nosa motivación é aportar solucións individualizadas, específicas para cada usuario, dende o deseño de productos que se axusten a diferentes necesidades, así como solucións de interiorismo, planificación de espazos, deseño gráfico, ou o desenvolvemento de calqueta proxecto creativo.
Queremos aportar calidade de vida ás persoas, atendendo a aspectos como a funcionalidade e a durabilidade, xa que consideramos que iso implica despreocuparse da caducidade e obsolescencia. É por este motivo que nos gusta que o que facemos permita a adaptación e a reparación, de xeito que o noso traballo culmine nun modelo sostible.
Gatofarto é un espazo creativo onde ti decides. Que necesitas?