Deseño individualizado

Se buscas un deseño único e personalizado, este servizo é para ti.

Cada persoa ten necesidades específicas que os produtos en serie non sempre poden cubrir. En O Gato Farto, ofrecemos solucións de deseño exclusivo, adaptadas ao teu estilo e ás túas expectativas.

  • Creación de produtos personalizados que se axustan perfectamente ás túas necesidades.
  • Deseño de espazos que combinan estética e funcionalidade.
  • Pezas artesanais feitas con coidado e atención ao detalle.

Se tes unha idea en mente, axudámosche a facela realidade, podendo incluir tamén a fabricación de produtos propios.

Dende hai moito tempo tiñamos a inquedanza persoal de sacar adiante un xogo de xadrez. Despois de adicarlle o tempo necesario ao concepto, por fin vemos o produto real.

Actualmente encóntrase en produción, e xa poden reservarse para a sua compra contactando con nós por correo electrónico ou teléfono.

Este proxecto foi ideado para mellorar a comodidade do acceso ao faiado e poder utilizado asiduamente.

Dado que o oco da escaleira dispón dunha ventá que proporciona iluminación natural, a intención era crear unha estrutura que permita o paso de luz. Isto consegímolo grazas a unha construción de escaleira vista sen alzada nos chanzos, con vigas para soportar o peso e chanzos de madeira de carballo que aportan calidez.

Este escritorio está ideado para colocar un ordenador portátil sobre a bandexa, de tal maneira que se poida inclinar e desplazar dun lado ao outro para ofrecer a máxima comodidade en calquera momento, dunha maneira áxil e dinámica.

Baseámonos na intención dunha colocación ergonómica da pantalla, de tal xeito que quede á distancia e á altura axeitada dos ollos, brindando desta maneira gran amplitude para colocación de documentos, ou periféricos.

Moita xente utiliza ferramentas para escribir ou debuxar no seu día a día, pero coa necesidade de transportar lápices ou bolígrafos, as solucións máis habituáis son estoxos que non facilitan a orde nin a limpeza.

Con este produto conseguimos un elemento que serve ao mesmo tempo de caixa para transporte e organizador, con un deseño sinxelo e facilmente personalizable.

A nosa pasión é o deseño. Por iso estamos adicándonos cada día á investigación, creación de conceptos e fabricación de produtos, para continuar superándonos e poder ofrecer os mellores resultados.

Non deixes de estar pendente das nosas novidades, tanto nesta mesma web como en instagram @angeldefaxilde ou en portafolio angeldefaxilde