Un escritorio á medida do uso
Tras a recente habilitación dun estudio para as miñas tarefas de deseño, atopeime frontalmente coa necesidade de conseguir un escritorio para poder traballar comodamente.
Antes de acergarme a unha grande superficie onde puideran venderme unha solución económica á que sería eu uen tivese que adaptarme, ou acudir a unha firma que ofrece solucións máis elegantes a prezos inalcanzábles que me producirían a mesma solución, preferín asumir eu mesmo a tarefa á que me adico profesionalmente. (De min, por min, para min).
Este foi un proxecto apaixoante no que puiden experimentar o deseño dun produto, controlando ao máximo as necesidades do usuario, fabricar o artigo para solventar calquera dúbida construtiva, e conseguir desfrutar do meu espazo de traballo.
Continúa lendo se queres saber o significado do resultado.
Os caixóns
Asumín toda a miña vida que os caixóns son (caixas grandes) para introducir a máxima cantidade de obxectos, escondendo todo e arriscarme a extravialos entre toda a desorde.
Pois ben, no canto diso preferín bandexas. A maioría de ferramentas dunha oficina escasamente sobrepasa o centímetro de espesor nalgunha das súas caras, e as máis grandes utilízoas en poucas ocasións. A limitación que teño é a causa das guías, pois como me gustan as boas, as de calidade, con extracción total -para non ter cousas nese limbo inalcanzable-, e que ao cerrar faga ese movemento suave para que non pete no fondo.
Con insto, teño unha bandexa con un alto total de 45mm, a base é de taboleiro de 16mm, igual ca o tope da mesa, polo que nos queda o espesor da mesa en 60mm (grosor estupendo que confire aspecto robusto, e sen interferir coas pernas ao sentarse), e unha altura libre de 28mm, suficiente para meter bolígrafos, o móbil ou calquera desas cousas que queiras esconder da vista dos que veñan de fóra.
Para o ordenador
Como tres caixóns tamén son unha esaxeración porque agora sei que apenas utilzo unha pequena cantidade de útiles de escritura e debuxo, pareceume razoable incorporar un caixón para o ordenador portatil que utilizo, e desta maneira non estou ao servizo dun teclado pegado á pantalla, e poido ter periféricos externos para traballar máis cómodo. Moi sinxelo de facer e conectar se dispoñemos dun dock station
E as cousas ordenadas
Non poido vir eu aquí falando de orde se deixase os lápis de calquera maneira na bandexa que me queda. Por este motivo, preferín facer un fresado en espuma para que todo teña o seu sitio, e non fuxa cada vez que queira utilizalo. Como digo, o que utilizo a diario, ao alcance, polo resto xa me levantarei.
Xestión do cableado
Efectivamente, se imos traballar con ordenadores e periféricos, imos ter cables. A min non me adoita gustar unha maraña de cables por riba da mesa. Así que unha idea habitual son esas bandexas que hai a vender de latapara esconder a maraña debaixo da mesa. Na contra disto, eu referín incorporar unha chapa perforada abatible, de xeito ue se poida colocar todos os condutores así como fonte de alimentación ou a citada dock station. Con isto será moi sinxelo poñer bridas para suxeitar todo no seu sitio. Os navíos militares tamén utilizan canaletas perforadas e facilmente accesibles para poder resolver rapidamente calquera incidencia. Agradézoche que non armes unha maraña.
Por suposto, incorporei unha regleta, que mide o mesmo ca as gías do caixón e, gracias ao cal, mantén a estrutura sen sobrepasar o espesor.
Robusto
O feito de que o espesor total sexa de 60mm permite ubicar reforzos importantes nos laterais, na parte de atrás e na metade, e isto evita que abanee, flecte ou caia, así como soportar o peso de varios monitores, ou dunha persoa enteira, anque non teño intención de subirme nel.
As patas tamén son fortes, fabricadas en tubo de aceiro con escuadras que aumentan superficie de amarre e evitan que volque, pero con un pé de fieltro que o pousa suavemente sobre o solo para evitar que se deteriore.
Sen dúbida, un resultado do que estou orgulloso.
E, por suposto, adaptable ao teu xeito de traballar.