O problema:
Todos sabemos que unha das industrias que máis residuos deixa é a textil.Dada a miña ligazón con unha empresa de confección de textil técnico, non paraba de darlle voltas a cómo aproveitar o desperdicio. O problema: todos os retallos estreitos e longos de tecido plástico de gran resistencia.
No caso de retallos de grandes dimensións é moi sinxelo reorientalos para facer subprodutos como bolsas, mochilas ou incluso: esta carpeta
Inda así, quedan moitas tiras longas e estreitas, con un aproveitamento máis dificultoso para o modelo de confección habitual.
A solución:
Este tallo que presento aproveita a resistencia e elasticidade do material en lugar de utilizar acolchados, eludindo tamén a necesidade de adhesivos químicos, e promovendo así a facilidade de segregación por tipos de material.
Ademais:
Con tal construción, permitiríase que o propio usuario teña a oportunidade de reparalo facilmente. As bandas transversais que debuxan o patrón poden utilizarse tamén en substitución das cintas que estean desgastadas, facendo que o produto poida multiplicar a sua vida útil.
E inda máis:
O resultado é un sistema construtivo que permite a variación de formas e cores con ese toque divertido. E prometo que é realmente cómodo.
Se queres o teu, contáctame!